Blogia

cdrancares

CDR ANCARES

CDR ANCARES

 



                            CDR ANCARES
O cdr ancares nace no ano 1986, aínda que non nos rexistramos legalmente ata febreiro de 1992.
Traballamos no concello de Cervantes que é un concello da montaña luguesa de 276km2 nos que
están esparcidos 139 pobos con 1973 persoas.
Os membros do centro foron variando ó longo destos anos pero unha constante mantense: a
incorporación de xente da zona. O funcionamento do equipo ten catro fontes básicas de financiamento:
subvencións, donativos, fondos propios, aportacións en traballo, material, locais, etc.por parte do
equipo e do grupo de voluntarios/as.
Metodoloxicamente teñen importancia básica tres elementos:
a) Ser ou estar na zona: coñecemento e trato veciñal; coñecemento da problemática, dos recursos
e doutros proxectos da zona; empatía, valoración positiva e gañas de colaborar no desenrolo propio e no
das persoas coas que se vai actuar.
b) Moverse: como a dispersión da poboación é moi grande e as dificultades para comunicarse e
xuntarse tamén faise necesario que os animadores e os propios veciños viaxen constantemente pola zona
para visitar, aprender, animar, apoiar, asesorar, coordinar, acompañar...
c) Formación: tanto do propio equipo da asociación como das persoas pertencentes ós colectivos
beneficiarios do programa.
Programas: O cdr ancares manten activos unha serie de actuacións:
a) Programa económico; xuntanzas polas aldeas para organizacións de comunidades, visitas a explo-
tacións agrarias para promover melloras técnicas, preparación de sesións de formación e charlas informa-
tivas dirixidas a toda a poboación, colaboración coa cooperativa A Carqueixa na xestión de ventas (vacún
de carne, castañas, mazás) e compras ( gasóleo, pensos, abonos...), temos a convicción de que sen me-
lloras no sistema da producción non vai haber melloras sociais. A cooperativa naceu do empeño de 27
persoas que en contra da opinión dos "técnicos" decidiron montala; o tempo veu darlles a razón pois foi
un acicate que animou a toda a zona e aumentou a autoestima; hoxe son 243 socios.
b) Programa de maiores; pequenos arranxos nas vivendas, percorrido diario de visitas os anciáns,
colaboración con Cáritas na realización do programa "vivir na casa", realización de xestións e visitas ós
hospitais, visitas de acompañamento ó médico, órganos de xestión.
Dos 1973 habitantes de Cervantes 714 son maiores de 65 anos e destes 284 viven sen ningunha
persoa menor de 65 anos na casa. Desde fai 18 anos marcharon, que nosoutros controlemos, para a ci-
dade ou para residencias 83 maiores (algunhas ainda nos doen).
Ó longo destes anos fomos aprendendo que non queremos que se nos vaian máis e que temos que
buscar fórmulas para que poidan quedar na casa de xeito digno. Por digno entendemos: que cada maior
poida decidir, en diálogo coa coordinadora do programa, cando, quen e que axuda necesita; alguén
cercano que poida levalo/a rapidamente ó médico en caso de urxencia; uns minimos de hixiene, alimen-
tación, vivenda, os nosos anciáns son un excelente recurso humano, cultural e económico.
c) Promoción da muller; visitas á maioria das mulleres do concello para falar dos seus problemas e
a súa dispoñibilidade, algunhas xuntanzas esporádicas para tratar temas que lles preocupen, organiza-
cións de cursos de formación escollidos por elas, visitas para acompañar algunhas mulleres ó médico
ou para facer algunha xestión, visitas de asesoramento e acompañamento persoal.
En Cervantes hai 883 mulleres das que 353 son menores de 65 anos. Se nos poñemos a escribir a
riqueza e a problemática de todas estas mulleres seguro que enchemos un dos libros máis bonitos e
tenros e ó mesmo tempo máis duros da actualidade. No día a día quedan moitas mulleres ás que che-
gar, moitos estereotipos que romper e moitos empregos que crear.
d) Programa de nenos/as; visitas personalizadas a cada unha das familias que presentan situacións
problemáticas, reunións semanais encol de actividades de lecer e tempo libre, ( formación de equipos de
fútbol, sesións de autoestima e valoración da zona, sesións de xogos didácticos, sesións de manualida-
des), reunións semanais para realizar actividades de apoio escolar, apoio económico e de asesoramento
a algunhas familias, realización de viaxes para leva-los nenos/as ó cine a praia...
En Cervantes temos 114 nenos/as en idade escolar. Presentan, ó noso entender, tres problemas
particularmente preocupantes:
1º- A dispersión e o illamento. Hai bastantes nenos/as que, agás nun contexto tan regrado como é
o colexio, pasan o dia con persoas adultas ou como moito teñen no pobo outro ou dous nenos/as e pro-
bablemente de idades moi dispares. Entendemos que isto é un problemón por canto carecen dos "feed-
back" axeitados que lles permita ir elaborando unha imaxe correcta de si mesmos asi como ir elaborando
mecanismos de defensa fronte ás agresións ou as normais frustracións. Sen entrar en máis matizacións
fronte a este fenómeno nosoutros pretendemos reforzar ou organizar o meirande número posible de
tempos e espazos para que os/as nenos/as convivan e xoguen coa maior liberdade posible.
2º- Moi baixa autoestima e negativa valorización do seu entorno. Fronte a isto organizamos activi-
dades lúdicas e formativas que volteen esta dinámica.
3º- Por razóns que non procede aquí analizar temos un elevado fracaso escolar. Fronte a isto orga-
nizamos grupos de apoio escolar, totalmente insuficientes porque non dispoñemos de moitos medios e
sobre todo falta xente con formación académica suficiente ( sobre todo para ESO ) que poida e queira
meterse nesta historia. Neste traballo temos unha estreita colaboración cos colexios.
De cara ó futuro estamos bastante animados ainda que ás veces nos poida tanta xente que se nos
vai, tanta chimenea que para de fumear, tanta "polavila" esmorecida, tanto suspenso nos/as nenos/as,
será por iso que ás veces botamos de menos grupos doutras zonas de Galicia parecidas á nosa e con
formas parecidas de traballar cos que compartir, xente con teimas parecidas para animarnos, platafor-
mas que permitan xestionar cartos e organizarnos ós que pelexamos por un modelo de desenvolve-
mento dalgún xeito alternativo.
cdrancares@terra.es